We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

O marco

from O Fillo de Suso by Holgado

/
  • Record/Vinyl + Digital Album

    Vinilo de 12" con carpeta dobre e inlay
    Os collages do LP son obras de Martina Charaf feitos a partir dun albume de fotografías da familia Vieito.
    Edición limitada e numerada de 300.

    Includes unlimited streaming of O Fillo de Suso via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 4 days
    Purchasable with gift card

      €15 EUR or more 

     

lyrics

Vinte pesos para intentar
Mercar algo a miña nai
Leva o leite meu rapaz
Dime a abuela para que vaia levar
O leite a vella cega da rua de enfrente

Leva o leite meu rapaz
Celia algo haberate de dar
Lévalle que xa verás
E ala vou co meu curmán
E danos unhas pesetiñas para os dous a medias

Outro sábado, e non hai nada que facer
Tedes tanto, que non sabedes que facer

Vinte pesos para intentar
Mercar algo a miña nai
Vai ó Ríos meu rapaz
Compra unha rosquiña e algo de pan
E así se queres podes queda-las voltas

Vinte pesos levo xa
Para mercar algo a miña nai
Na feria de Vilachán
Os feriantes empezan a marchar
E atopo unha acuareliña dun río no inverno

Outro sábado, e non hai nada que facer
Tedes tanto, que non sabedes que facer

Volto a casa pra levar
O seu regalo a miña nai
Levo a rosca, levo o pan
Levo o marco no bolsillo de atrás
Do río que ben podía se-lo Tambre no inverno

E aló ó lonxe miña nai
Veme chegar co curmán
Doulle o marco, doulle o pan
E ela mira o seu regalo por fin
E dime mentres deixa o marco enriba da cadeira

Tedes tanto, que non sabedes que facer
Outro sábado, e eu xa non sei que hei de facer

E sube a auga do río no medio do inverno tan frío
Da acuareliña que merquei
E desborda o auga da beira e chega ata Ponte Maceira
Camiño de Rebordáns

E leva o río esta pena, e deixa un rastro de area
E marcho eu co meu curmán
Iremo-las troitas o río, faremos algo prohibido,
Saberemos ben o que facer

credits

from O Fillo de Suso, released December 20, 2021

license

tags

about

Holgado Negreira, Spain

A Holgado levárono a nacer a Santiago. Tardou en andar e fixo a comunión nos escolapios. Leva 20 anos facendo música encomendado a San Cristovo e Santa Margarida, que nunca foron milagreiros

En 20 anos tivo tempo de grabar 4 discos, xirar pola península, cantar na televisión, face-lo himno do mellor festival que hai, e beber moito Ricardhú, que é como lle chaman ó licor que fai o seu tío Ricardo
... more

contact / help

Contact Holgado

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Report this track or account

Holgado recommends:

If you like Holgado, you may also like: