1. |
Amence por Logrosa
01:34
|
|
||
instrumental
|
||||
2. |
Herba seca nas Brañas
02:52
|
|
||
Pronto para almorzar, imo-la herba seca
O pai do meu pai xa quedaba á beira
Tódolos curmáns separando as pedras
E Consuelo fai filloas na lareira
Pronto pra xantar, traemo-la herba seca
O irmán do meu pai caeu no chan de pedra
Dende o alto do carro cheo de herba
Rimos todos del ó voltar da leira
Pronto para cear, viño pan e callos
O pai do meu pai mira para o seu prato
Os rapaces só queren os garbanzos
E baixamo-lo champán do faiado
|
||||
3. |
A Piscina
04:29
|
|
||
Chega o verán adeus as noites longas
Coas rapazas da piscina as voltas
É o veran do 1996
E a maior está toliña polo Xan
A maior está toliña polo Xan
Perri córtalle o cabelo ó vello
Baixo a parra que vendimaremos
Cando pasen os meses máis quentes
Cando cheguen os pedreiros de Dublín
Dinche que este ano quitan o trampolín
O No Code de Pearl Jam de fondo nunha radio
Manolito e Toño e Anxo e os demais do barrio
Imos facer unha guerra a defende-lo noso
Os donos da rua, os nugalláns mais perigosos
Do Cotón ata o Barcala
Somo-los donos desta estrada
Entramos de tarde na piscina
Mercamos unhas cervexas frías
Fran está de socorrista este ano
Para non ir o servicio militar
E déixanos entrar sempre sen pagar
E tumbámonos no alpendre logo
Bebemos o que mercamos todos
Cos cartiños de lava-los coches
Do meu pai e máis os tíos de Marín
E eu nunca saltei do trampolín
O No Code de Pearl Jam de fondo nunha radio
Manolito, e Toño e Anxo e os demais do barrio
Imos facer unha guerra a defende-lo noso
Os donos da rua, os nugalláns mais perigosos
Do Cotón ata o Barcala
Somo-los donos desta estrada
|
||||
4. |
|
|||
Imos ir nada-lo río pola presa do muiño
Imos ir nada-lo río pola presa do muiño
Que aló a auga e máis profunda e o bosque máis romanceiro
Que aló a auga e máis profunda e o bosque máis romanceiro
Encontramos duas tobeiras pasada a ponte dos Castros
Encontramos duas tobeiras pasada a ponte dos Castros
Unha chea de ciscallo e a outra chea de raposos
Unha chea de ciscallo e a outra chea de raposos
Nunca tanta xente vin na nosa casa coma o día
Nunca tanta xente eu vin na nosa casa coma o día
Que morreu o meu avó e fixemos guarda na cociña
Mentres velou o seu corpo a vella no piso darriba
Viñeron de todo o val para da-lo pésame a familia
Viñeron de todo o val para da-lo pésame a familia
Uns viñeron por respeto i outros parecen raposos
Uns non son máis que ciscallo i outros parecen raposos
Fomos tapa-las tobeiras cun saquiño de cal viva
Nunca tanta xente eu vin na nosa casa máis na vida
|
||||
5. |
|
|||
Temos un can e unha pedra
E medo a subi-lo tellado
Temo-la gorra do vello colgada
Detrás da porta do baño
Temos unha cama fría
E temo-la néboa do río
E dous tapices no salón
E un hórreo cheo de millo
Temo-lo xabon da casa,
Feito ca graxa do porco
E botellas de Ricardhú
Para pasa-lo San Cristovo
Temo-la rosca de Ríos
E un vaso de viño con pan
E temo-lo sitio do vello
Gardado por un ágila imperial
Temo lo Campo da Feira
Temo lo río Barcala
Temo las ganas de festa
E temo-lo xenio de mil treboadas
|
||||
6. |
Probe meu cadelo
03:37
|
|
||
Daquel pobo vimos
Vimos facer dano
Íbamo-lo río
Co meu can mallado
El xogaba na auga
Ti bailabas preto
Saltou do valado
E esmagou o peito
Probe meu cadelo
Probe meu cadelo
Daquel pobo vimos
Vimos a esta festa
Non temos traballo
Nin ganas de telo
Vai meu can probiño
Arrastrando o peito
Ti lanzando pedras
Ós michos do rego
Probe meu cadelo
Probe meu cadelo
|
||||
7. |
Axenda do Val de Barcala
03:09
|
|
||
Non hai máis
Que facer
Neste val
Que traballa-la terra
Terra que
Viu marchar
Os homes que
Saíron de entre as súas pedras
Pra Madrid
Pra facer
Un fogar
Entre asfalto e merda
Sen saber
Que o rumor
Ó ir durmir
Era o canto das pedras
|
||||
8. |
|
|||
Nunha mañá de febreiro ó verme tornou crisálida
I a contratempo, sen pranto arrancou do corpo a alma
Subiuna o vento mareiro polas faldas da montaña
En espiral envolvente ata o cumio, sen gadaña
Do Xiabre ollou pro mar que en vida lle foi negado
Dende as Cies ata o Grove dende Rianxo a Cambados
Voou por riba do Ulla ata Padrón e Santiago
Mais tarde virou a esquerda despois de honrar ao Santo
Pasou por Ponte Sarela, por Carballal e Quintáns
Tamén ó Alto do Vento camiño de Vilachán
Xa esta detrás da xanela pra ver aos fillos chegar
Por fin despois do camiño alá pode descansar
|
||||
9. |
Fanfarria do entroido
03:25
|
|
||
Tódolos curmáns
Recollemos castañas na horta en Vilachán,
Hai moito que facer e pouco que xogar,
Xa ven o carnaval
Ten meu tío Xan
Unha careta de choqueiro que me fai
Ter pesadelas cos seus pelos brancos, largos,
Lémbrame a un animal
E Rosalía vai a se-la reina da festa do carnaval
Non hai no Estragos quen lle poda facer sombra
Nesta noite longa
Quedamo-los demais esperando na casa
A ver se chegan xa os curmáns de Inglaterra.
Temos que durmir uns enriba dos outros nos sofás
Tódolos curmáns
Facendo o mal na rúa, rompendo os cristáis
Da casa do Ferreiro e comendo as orellas,
Xa chegou o carnaval
Toni vai mercar
Un saco de petardos,
Richard leva os cartos
E temos tamén tiratacos da Coruña,
E globos de auga no desván
E Rosalía vai a se-la reina da festa do carnaval
Non hai na Bamba quen lle poda facer sombra
Nesta noite longa
Estamo-los demais esperando na casa
Xa están a chegar os curmáns de Inglaterra
Temos que durmir uns enriba dos outros nos sofás
Tódolos curmáns
Pasando a noite en vela morrendo co frío
Sube a néboa do río temos que marchar, xa foi o carnaval
|
||||
10. |
O marco
06:31
|
|
||
Vinte pesos para intentar
Mercar algo a miña nai
Leva o leite meu rapaz
Dime a abuela para que vaia levar
O leite a vella cega da rua de enfrente
Leva o leite meu rapaz
Celia algo haberate de dar
Lévalle que xa verás
E ala vou co meu curmán
E danos unhas pesetiñas para os dous a medias
Outro sábado, e non hai nada que facer
Tedes tanto, que non sabedes que facer
Vinte pesos para intentar
Mercar algo a miña nai
Vai ó Ríos meu rapaz
Compra unha rosquiña e algo de pan
E así se queres podes queda-las voltas
Vinte pesos levo xa
Para mercar algo a miña nai
Na feria de Vilachán
Os feriantes empezan a marchar
E atopo unha acuareliña dun río no inverno
Outro sábado, e non hai nada que facer
Tedes tanto, que non sabedes que facer
Volto a casa pra levar
O seu regalo a miña nai
Levo a rosca, levo o pan
Levo o marco no bolsillo de atrás
Do río que ben podía se-lo Tambre no inverno
E aló ó lonxe miña nai
Veme chegar co curmán
Doulle o marco, doulle o pan
E ela mira o seu regalo por fin
E dime mentres deixa o marco enriba da cadeira
Tedes tanto, que non sabedes que facer
Outro sábado, e eu xa non sei que hei de facer
E sube a auga do río no medio do inverno tan frío
Da acuareliña que merquei
E desborda o auga da beira e chega ata Ponte Maceira
Camiño de Rebordáns
E leva o río esta pena, e deixa un rastro de area
E marcho eu co meu curmán
Iremo-las troitas o río, faremos algo prohibido,
Saberemos ben o que facer
|
||||
11. |
|
|||
Vilachán, non sei se teño máis que dicir
Hai algo no meu prato
Loitando por sair
Unha cor que tiñe o ceo dun tono gris
Preludio dun orballo
E un rastro de serrín
E non hai máis semente
Que foi da nosa xente
Un terror non sei si hai moito máis que mostrar
Hai algo no faiado
Eu ben sei que está ahí
Un olor a ferro e sangue chega ata aquí
E un berro amuruxado
Na habitación do lado
E non hai máis presente
Que foi da nosa xente
E non hai máis semente
|
||||
12. |
Anoitece por Zas
02:07
|
|
||
instrumental
|
Holgado Negreira, Spain
A Holgado levárono a nacer a Santiago. Tardou en andar e fixo a comunión nos escolapios. Leva 20 anos facendo música
encomendado a San Cristovo e Santa Margarida, que nunca foron milagreiros
En 20 anos tivo tempo de grabar 4 discos, xirar pola península, cantar na televisión, face-lo himno do mellor festival que hai, e beber moito Ricardhú, que é como lle chaman ó licor que fai o seu tío Ricardo
... more
Streaming and Download help
Holgado recommends:
If you like Holgado, you may also like: